Mércores, 23 de Agosto de 2017 09:56




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

Aena sanciona á empresa de seguridade Eulen, da que é apoderada en Galicia a irmá de Núñez Feijóo

|

Colasprataeropuerto


Aena respondeu de forma contundente á folga anunciada polos traballadores do control de seguridade do Aeroporto de Barcelona-El Prat: abrirá dous procesos sancionadores a Eulen, empresa da que a irmá do presidente da Xunta, Micaela Feijóo, é apoderada en Galicia e sobre a que existe a sospeita de favoritismo.


A multa está motivada por presuntas deficiencias no servizo de seguridade nas últimas semanas que ocasionou colas de ata tres horas. As sancións son monetarias, cun importe máximo que podería alcanzar os 300.000 euros.


Eulen ampliou o seu persoal pero non foi capaz de normalizar os controis de seguridade e reducir as súas colas.


Amplía esta información en Catalunyapress.

relacionada Feijóo declara un patrimonio por valor de máis de medio millón de euros

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress