Sábado, 19 de Agosto de 2017 00:10




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

Por primeira vez unha muller asume o mando dunha unidade do Exército do Aire

|

ComandanteaireejercitoMaría do Pilar Mañas Brugat tomou posesión.


A comandante María del Pilar Mañas Brugat tomou posesión este mércores, na Base Aérea de Torrexón de Ardoz, da xefatura da Escuadrilla de Circulación Aérea Operativa de Madrid. Convértese así na primeira oficial do Exército do Aire en asumir o mando dunha unidade.


Segundo informou o Ministerio de Defensa, o acto de toma de posesión da comandante Mañas estivo presidido polo xefe do Sistema de Mando e Control, xeneral de brigada Rafael García Hernández, e asistiron diversas autoridades civís e militares, entre elas, os xefes das unidades situadas na base e o director da Rexión Centro-Norte de ENAIRE.


Tras a lectura da resolución do nomeamento do cargo, o xeneral García Hernández pronunciou a fórmula de toma posesión. A continuación, a comandante Mañas xurou o seu cargo. A ministra de Defensa, María Dolores de Cospedal, publicou unha mensaxe no seu perfil persoal de Twitter para dar a parabén á comandante Mañas tras a toma de posesión.

relacionada Militares reclaman a súa inserción laboral cando cumpren 45 e van "á rúa"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress