Domingo, 20 de Agosto de 2017 17:10




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

Maduro atrasa un día a toma de posesión do "órgano plenipotenciario"

|

Nicolasmaduro"Queremos que todo sexa en paz", afirma o mandatario.


Entre acusacións de fraude electoral e do anuncio da Unión Europea que non recoñecerá a Asemblea Nacional Constituínte de Venezuela, Nicolás Maduro atrasa un día a toma de posesión do novo órgano, que ía ser este xoves.


"Nós queremos que todo sexa en paz", afirmou o mandatario venezolano. Para este xoves a oposición convocou unha marcha sobre o Palacio Federal Lexislativo en defensa dos deputados que conforman a actual Asemblea Nacional. O choque entre chavistas e opositores facía temer un nova de xornada de extrema violencia.


E é que Maduro subliñou que a nova Asemblea Nacional Constituínte é un "órgano plenipotenciario" e que non hai "ninguén" que se atope "por encima".


Ademais, a fiscal xeral de Venezuela, Luisa Ortega Díaz, anunciou este mércores unha investigación sobre as eleccións polas sospeitas de manipulación.


Amplía esta información en Pressdigital.

relacionada O réxime de Maduro inflou os resultados da votación do domingo
relacionada Venezuela debuxa a súa división con dúas Cámaras que se deslexitiman entre si

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress