Galicia encabeza a baixada do paro con 7.794 parados menos en xullo

|

TrabajadorobraGalicia lidera a caída do paro.

O paro rexistrado no mes de xullo baixou en 12 comunidades autónomas, encabezadas por Galicia, con 7.794 parados menos, segundo informou este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.


segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa a nosa comunidade situábase nos 201.500 desempregados, nun 16,11%, ao final de xuño.


A nivel estatal, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en xullo en 26.887 desempregados respecto ao mes anterior. Así, o volume total de parados alcanzou a finais do mes pasado a cifra de 3.335.924 desempregados, o seu nivel máis baixo do últimos oito anos, aínda que a EPA eleva a cifra a 3.914.300 persoas no segundo trimestre.


A Galicia, séguenlle Andalucía, con 4.245 parados menos que no mes anterior, e Cataluña, cunha baixada de 4.075 no número de desempregados.


DATOS DA SEGURIDADE SOCIAL


O número de afiliados á Seguridade Social aumentou en xullo en 16.721 persoas en Galicia, segundo informou este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social. En total, a cifra de persoas dadas de alta creceu en 10 comunidades autónomas.


Os cinco maiores incrementos en termos absolutos corresponden a Cataluña (23.953), Galicia (16.721),Valencia (12.849), Baleares (12.215) e Castela e León (8.493).


Pola contra, os maiores descensos encabézanos a Comunidad de Madrid (-13.576) e Andalucía (-10.939). A nivel estatal, a Seguridade Social gañou en xullo unha media de 56.222 afiliados (+0,31%).

relacionada O paro baixa dos catro millóns por primeira vez desde 2008
relacionada A anunciada recuperación do emprego non chega aos parados maiores de 50 anos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress