Mércores, 23 de Agosto de 2017 09:58




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

As vendas de coches en Galicia caen un 6,71% en xullo

|

CochesconcesionarioO mercado cambia cara á gasolina.


As matriculacións de turismos e todoterreos no mercado galego alcanzaron un volume de 3.531 unidades durante o pasado mes de xullo, o que supón un descenso do 6,71% respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo datos das asociacións de fabricantes (Anfac), vendedores (Ganvam) e de concesionarios (Faconauto).


Por provincias, Lugo reduciu un 11,76% as vendas, ata 405; A Coruña diminuíunas nun 9,2%, ata 1.520; Ourense un 6,97% menos, ata 427; e Pontevedra un 1,17%, ata 1.179.


De xaneiro a xullo, as matriculacións na comunidade galega suman 24.472, o que, en comparación co mesmo período de 2016, representa un incremento do 1,05%.


No conxunto estatal, as matriculacións, 109.948, subiron un 2,5% respecto ao mesmo mes do ano anterior. Este incremento mensual das entregas de coches en España estivo motivado polo empuxe da canle de empresa, que pechou xullo cun crecemento superior ao 14%, e tamén das firmas de 'rent a car', cunha subida do 5,9%, que lograron compensar a caída do 3,9% experimentada polas vendas a particulares.


VALORACIÓN


"As compras dos particulares volveron baixar en xullo; e xa é o terceiro mes ao longo deste ano que sucede. Estes descensos evidencian a ausencia de plans de estímulo para a renovación do parque, unha tendencia que xa se detectaba desde o último trimestre do ano pasado", engadiron Anfac, Ganvam e Faconauto.


Así mesmo, apuntaron que, tras os anos máis duros da crise, o parque automobilístico español envelleceu "notablemente", ata unha media actual de doce anos, á vez que sinalaron que existe unha "importante demanda retida", con condutores que quererían cambiar o seu coche antigo por un novo, pero que están á espera de plans de incentivo.


TENDENCIA CARA Á GASOLINA


Doutra banda, en xullo mantívose a tendencia cara á 'gasolinización' do mercado, cun 47,5% dos coches matriculados con este sistema de propulsión, fronte ao 47,3% de diésel e ao 5,2% de híbridos e eléctricos.

relacionada Os fabricantes alemáns de coches mantiveron reunións secretas para fixar prezos
relacionada A Policía Local de Santiago sanciona 16 coches que circulaban en malas condicións

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress