Arrincan as festas de María Pita co pregón de Fernando Romay e o concerto de Xoel López

As celebracions durarán todo o mes de agosto e contan cun orzamento dun millón e medio de euros.


|

Mariapitacorunha


Xoel López, Sés, Jarabe de Palo, Miguel Bosé e Macaco serán algunhas das propostas musicais das Festas de María Pita na Coruña, que arrincan este martes, 1 de agosto, co ex deportista Fernando Romay como pregoeiro.


As festas, que se desenvolverán durante todo o mes de agosto, contan cun orzamento de 1,5 millóns de euros. Tras a lectura do pregón, será a quenda do concerto do tamén coruñes Xoel López, que se subirá ao escenario situado na praza de María Pita.


Precisamente, esta praza será unha dos escenarios destas festas, pois acollerá diferentes concertos, entre eles estará o día 2 agosto Sés; o 4, Jarabe de Palo; e o sábado 5 será a quenda de Macaco. Ao día seguinte, a ese mesmo escenario subirase Miguel Bosé. Tamén haberá concertos da Orquestra Sinfónica e outras propostas para diferentes tipos de público.


FEIRAS E FESTIVAIS


Dentro da oferta musical, tamén destaca a celebración do Festival Noroeste, coa participación de cen formacións musicais. Serán seis días con actuacións en diferentes puntos da cidade da man de artistas como os Kaiser Chiefs, The Jesus and Mary Chain ou Iván Ferreiro, entre outros.


Os xardíns de Méndez Núñez será outro dos escenarios destas festas de María Pita, xa que acollerá a celebración das feiras do libro e artesanía, así como o tradicional Festival de Habaneras. Ademais, este ano, as festas veñen marcadas pola celebración do 20 aniversario do festival 'Viñetas desde O Atlántico'.


A programación inclúe tamén a celebración o día 14 de agosto da batalla naval no Paseo Marítimo, e o parque de Santa Margarita tamén repite ao acoller a súa tradicional romaría a finais de mes.


PROGRAMACIÓN INFANTIL


O trofeo Teresa Herrera e o campionato mundial de Snipe son algunhas da citas deportivas que se inclúen nunha programación que tamén ten oco para o público infantil. 'O xardín dos libros', 'Festas das Utopías' ou 'Familirúa' son algúns dos programas dirixidos aos máis pequenos.


Pola súa banda, desde o PP criticaron que a Marea presentase as festas de María Pita "sen aprobar o gasto" no consello reitor do IMCE e sen que a oposición teña a documentación.


Para os populares, segundo informan en nota de prensa, "é outro exemplo da falta de transparencia" do alcalde Xulio Ferreiro.

relacionada Xa se coñece o programa do salón do cómic da Coruña
relacionada Os valores de María Pita, presentes nos "desafíos" actuais da Coruña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE