Mércores, 23 de Agosto de 2017 10:13




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

A Feira do Libro da Coruña abre as súas portas cun cento de actividades

|

FeiralibrecorunhaA feira durará ata o día 10.


A 46 edición da Feira do Libro da Coruña abriu este martes as súas portas con máis dun cento de propostas para todos os públicos ata o próximo 10 de agosto. Como en anteriores edicións, os xardíns de Méndez Núñez acollerán este evento.


A apertura desta nova edición contou coa presenza, entre outros, do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen asegurou que os xardíns de Méndez Núñez volven ser o escenario da "festa da palabra e da cultura".


Respecto diso, indicou que as feiras do libro de Galicia teñen na cidade herculina "unha cita de referencia grazas á excelente acollida que cada ano lle brindan os veciños e veciñas do municipio, así como as persoas que visitan A Coruña durante a celebración da feira".


Pola súa banda, para a presidenta da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez, este evento é "a feira das feiras" polo número de participantes e tamén de visitantes, ao redor dunhas 200.000 persoas en anteriores edicións.


PROPOSTAS


Nesta ocasión, está previsto que haxa máis de 60 firmas de autores, ademais de distintas propostas para todos os públicos como talleres, contacontos, exposicións, visitas guiadas ou espazos de debate.


En total, son case 40 casetas, das que 25 corresponden a librerías e o resto a editoriais e institucións, entre elas a Deputación da Coruña, cuxa vicepresidenta, Goretti Sanmartín, asistiu tamén á inauguración xunto a outros responsables institucionais como o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande.


Este ano o programa contará coa participación dalgunhas das principais voces do panorama literario galego como Manuel Rivas, Ledicia Costas, Elena Gallego, Pedro Feijoo, Marilar Aleixandre e Andrea Maceiras, entre outros.

relacionada Editoriais, librarías e Concello suman forzas na SELIC, a I Semana do Libro de Compostela
relacionada A feira do libro de Ferrol chega á súa XXVIII edición

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress