Portugal legaliza a xestación subrogada con regras estritas

O país veciño non permite que a muller gestante reciba diñeiro por iso e autorízao só en situacións moi contadas.


|

EmbarazoAs mulleres xestantes non poderán recibir diñeiro por iso.


Entrou en vigor este martes en Portugal a lei que legaliza a xestación subrogada, unha norma que pon condicións e límites a esta práctica que recentemente se vén debatendo en España.


Portugal estableceu, iso si, unha serie de condicións para permitila. Primeiro, unha autoridade nacional deberá autorizar cada caso, e farao en situacións excepcionais, en situacións clínicas que o xustifiquen.


En segundo lugar, a muller xestante non pode recibir ningún pago por iso. Con este argumento rexeitan que se lle chame "ventres de aluguer" e evitar así que sexa unha situación á que recorran mulleres por dificultades económicas.


Ademais, a súa relación co neno debe circunscribirse "ao mínimo indispensable, polos potenciais riscos psicolóxicos e afectivos que esa relación comporta", sinala o decreto.


No proceso teñen que constar declaracións psicolóxicas favorables e do director do centro médico onde as técnicas necesarias para a realización da xestación van ter lugar.

relacionada Feijóo reivindica os ventres de aluguer comparándoos co dereito ao aborto
relacionada Os políticos galegos, divididos no debate sobre os ventres de aluguer
relacionada Pedro Sánchez posiciónase en contra da "mal chamada maternidade subrogada"
relacionada O Comité de Bioética propón prohibir a xestación subrogada a nivel internacional

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE