Luns, 21 de Agosto de 2017 06:41




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

Urdangarin pídelle ao Supremo a absolución e defende que todo era legal

|

UrdangarinjuicioUrdangarin está condenado a seis anos e tres meses de cárcere.


O avogado de Iñaki Urdangarin, Mario Pascual Vives, explicou en declaracións aos medios este martes que presentou un recurso ante o Tribunal Supremo no que pediu que se absolva o Duque de Palma de todos os delitos polos que o condenou a Audiencia de Palma no caso Nóos, alegando, entre outras razóns, que non ten coñecemento de Dereito Administrativo.


A defensa de Urdangarin --condenado a seis anos e tres meses de cárcere por catro delitos-- argumentou, nun extenso recurso presentado ante o Supremo, que exerceu de "amigable compoñedor" e sempre pensou que actuaba coa conciencia de que todo o facía correcta e legalmente, segundo publicou este martes 'El Mundo'.


Nunha atención aos xornalistas ás portas do seu despacho en Barcelona, Pascual Vives dixo que o de "amigable compoñendor" non hai que sacalo de contexto; aclarou que iso é do que exerceu nun tema moi concreto, e lembrou que se trata dunha figura xurídica á que, cando hai un conflito, se lle pide que axude a buscar un acordo e evitar unha confrontación.


Sobre o descoñecemento de Dereito Administrativo que alegou no seu escrito, Pascual Vives recalcou que "moi poucas persoas teñen estes coñecementos", fóra do ámbito da política e dos asesores xurídicos.


Defendeu o papel de Urdangarin como mediador "para facer a simbiose entre deportes e turismo" e insistiu en que non cometeu ningún dos delitos polos que o condenou a Audiencia de Palma.


Pascual Vives espera que o Tribunal Supremo admita a trámite o seu recurso e que absolvan a Urdangarin, de quen dixo que está coa súa familia e que agora gozará dunhas vacacións.

relacionada A avogacía do Estado reclama 10 meses máis de condena para Urdangarin
relacionada Liberdade provisional sen fianza para Urdangarín e poderá seguir vivindo en Suíza
relacionada NÓOS | A Infanta sae absolta e Urdangarín condenado a 6 anos e tres meses de cárcere

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress