Sábado, 19 de Agosto de 2017 00:04




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

La Caixa alégralle as vacacións a 40 menores en situación vulnerable da Coruña

|

LacaixavacacionesImaxe dun campamento de verán de la Caixa.


Uns 40 nenos e mozos da Coruña en situación vulnerable participan este curso 2016/2017 e nas vacacións de verán nos centros abertos e colonias urbanas promovidos por CaixaProinfancia, o programa da Obra Social la Caixa de atención á infancia en situación de pobreza e exclusión, segundo informa a entidade.


Durante o primeiro semestre 2017, a fundación bancaria destinou 16.308 euros ao desenvolvemento destas actividades na Coruña que se dividen en distintas temáticas: deportivas e psicomotoras, artísticas, lúdicas, sociais, ambientais e cognitivas.


A finalidade destes servizos, que en toda España chegaron a 24.973 nenos e adolescentes, é, segundo a Obra Social la Caixa, "asegurar o dereito ao lecer e o tempo libre da infancia que vive en situación de pobreza e facilitar o acceso aos beneficios educativos e persoais que leva".


Ademais, precisa que as dúas iniciativas están organizadas por diferentes entidades sociais das máis de 400 de toda España vinculadas a CaixaProinfancia. Por outra banda, indica que as dúas modalidades de actividade "compleméntanse entre elas, de maneira que cada neno, nena ou adolescente pode participar en máis dunha delas".

relacionada Obra Social La Caixa premia a Ecos do Sur polo seu uso do ciberactivismo como arma social
relacionada Caixabank, elixido de novo este ano como mellor banco de España

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress