Aprobado o teito de gasto de 2018 co único apoio do PP

|

Parlamentoxlexislatura


O Parlamento galego aprobou, só co respaldo do PPdeG, o teito de gasto para a comunidade autónoma para 2018, que ascende a 9.487 millóns de euros, un límite que a oposición viu "falto de ambición", polo que votou en contra.


Na súa intervención no arranque do pleno extraordinario da Cámara autonómica, o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez destacou que o obxectivo da Xunta é que, ao acabar a presente lexislatura, en 2020, a capacidade de gasto de Galicia se sitúe na contorna dos 10.000 millóns de euros "e sen recurso á débeda".


Xa no debate dos grupos, o portavoz de En Marea, Luís Villares, afirmou que "teito de gasto significa que se hai que escoller entre pagar medicamentos ou pagar a Merkel, escóllese a Merkel, e iso non pode ser", segundo remarcou, en contra dun modelo que vincula á "austeridade".


Pola súa banda, o portavoz dos socialistas galegos no Pazo do Hórreo, Xoaquín Fernández Leiceaga, propuxo unha nova fiscalidade, máis progresiva, fronte a un teito de gasto que tachou de "insuficiente".


En canto á portavoz do BNG, Ana Pontón, cargou contra a "repartición inxusta" e o "disparate centralista" con que identifica este modelo de limitación do gasto, un "corpiño", na súa opinión, que "impide utilizar todos os recursos para apostar por que ninguén quede atrás".


Con todo, o portavoz dos populares galegos no Parlamento, Pedro Puy, criticou que a oposición vexa a "apocalipse total" neste teito de gasto, do que valorou que dá conta, desde o seu punto de vista, da "estabilidade" de Galicia, tamén no ámbito financeiro.

relacionada O Goberno galego eleva o seu teito de gasto un 5,4%, ata 9.487 millóns
relacionada Os socios de investidura de Rajoy avalan o teito de gasto de 2018

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress