Ducias de pacientes esperando o ingreso en planta polo colapso das Urxencias do CHUS

O peche de camas e a falta de persoal provocan situacións graves de "malos tratos asistenciais".


|

CamaspasillohospitalPadiolas no corredor dun hospital.


A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS volve denunciar unha situación de colapso dos servizos de Urxencias do hospital compostelán, provocada polo peche de camas e a falta de persoal no verán.


O colectivo informa nun comunicado que ata 24 pacientes se xuntaron este luns esperando o ingreso en planta, dos cales excepto dous todos tiñan cama asignada. A esta situación únense outros pacientes en padiolas e cadeiras de rodas no corredor, mentres cinco padiolas da zona de atención permanecía pechadas.


Ademais, a asociación recibiu a queixa dun paciente que leva en Urxencias desde o venres 21 aínda sen cama asignada, polo que non recibe o "aseo persoal e a comida de media tarde", atención propia dos servizos de planta.


E todo mentres desde o CHUS se informa de que a ocupación das camas non supera o 60%, salvo en psiquiatría. "Isto quere dicir que existe un volume de camas que non están dispoñibles por falta de dotación de persoal para ser atendidas ou ben porque se declarou o seu peche", explican.


No seu comunicado, a asociación pide que se poña fin "a estes malos tratos asistenciais por parte dos responsables do CHUS". Reprochan as políticas de "racionamento dos recursos" que provocan a "deterioración dos servizos sanitarios públicos", ao entender que se fomenta con estas prácticas "o acceso á sanidade privada".

relacionada As urxencias do CHUAC, as primeiras en colpsar polo peche de camas
relacionada Clamor contra o "indecente número de camas" pechadas nos hospitais
relacionada O peche de camas provocará un aumento das listas de espera e "das listas do paro"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE