Mércores, 23 de Agosto de 2017 10:09




Número de contacto (34)678803735
redaccion@galiciapress.es

A moza de apuñalada pola súa ex parella en Santiago sae da unidade de críticos

|

SanclementeAparcadoiro de San Clemente, en Santiago.

A moza de 21 anos que foi apuñalada pola súa ex parella o pasado 24 de xullo en Santiago de Compostela abandonou este luns a unidade de críticos do CHUS e foi trasladada a planta.


A moza, natural de Romanía, evoluciona favorablemente das intervencións realizadas a consecuencia das numerosas feridas que recibiu a plena luz do día na cara, peito, brazos, abdome e perna, e presenta prognóstico reservado.


Pola súa banda, o atacante, tamén natural de Romanía, foi detido pouco despois do suceso nas inmediacións de onde se produciu a agresión e foi enviado a prisión sen fianza.


FEITOS


Agresor e vítima foran parella durante dous anos e deixaran a relación hai dous meses, segundo explicou ás autoridades unha cuñada da moza atacada que a acompañaba no momento dos feitos.


A brutal agresión ocorrida a plena luz do día nas proximidades do aparcadoiro de San Clemente, na capital galega, está en mans da Policía Nacional.

relacionada A prisión sen fianza o detido por apuñalar a súa ex parella en Santiago
relacionada En estado crítico unha moza de 21 anos acoitelada pola súa parella en Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Pombapress animation 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress