O Parlamento catalán recibe a lei do referendo do 1 de outubro

JxSí e a CUP rexistrárona e piden tramitala de forma urxente a partir de mediados de agosto.


|

RegistroparlamentocatalanA lei xa está no rexistro do Parlament.

JxSí e a CUP rexistraron este luns pasadas as 10.30 horas no Parlament a lei coa que queren convocar, organizar e celebrar o referendo do 1 de outubro sobre a independencia de Cataluña e pediron tramitala polo mecanismo de "urxencia extraordinaria".


Agora, esta lei quedará pendente dunha reunión da Mesa do Parlament para que empece o seu trámite parlamentario, unha reunión que non será antes do 16 de agosto, xa que o Parlament pecha as súas portas este luns e non as abrirá ata entón.


A lei do referendo foi presentada por ambos os grupos soberanistas xunto co Govern o 4 de xullo nun acto no Teatre Nacional de Cataluña (TNC), algo que motivou que a Garda Civil fose días máis tarde ao teatro para requirir información sobre o acto.


Coñece máis detalles na información de Pressdigital.

relacionada O Goberno catalán denuncia os axentes que interrogaron a altos cargos
relacionada Rajoy avisa a Cataluña de que "non haberá ningún referendo o un de outubro"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE