O Dépor encaixa ante o Porto a primeira derrota da pretemporada

(4-0). Os portugueses, que empezan a súa liga en dez días, demostraron a súa superioridade física e as súas calidades para estar en Champions.


|

AndonedeporportoDerrota esperada que serve para analizar erros. Foto: RC Deportivo


Trece anos despois do mítico encontro de Champions entre o Porto e o Dépor, o cadro portugués, apoiado nunha fervorosa afección, deu ao equipo coruñés a súa primeira derrota da pretemporada.


O FC Porto inicia a liga o 9 de agosto, está pois o conxunto luso na recta final da súa preparación. Mentres, o cadro deportivista, co Real Madrid agardando o día 20, atópase no ecuador da súa preparación, e co equipo por pechar.


Con estas premisas, o FC Porto, que se presentaba ante a súa torcida, saíu ao partido como un vendaval. Cunha marcha física máis, a presión foi asfixiante á saída de balón do Dépor. Aboubakar puxo por diante o seu equipo ao cuarto de hora, nunha xogada con ata tres remates sobre a meta de Rubén.


Por diante no marcador, os portugueses deron un respiro e permitiron algunha oportunidade aos branquiazuis. Ao descanso chegouse co segundo gol, obra de Aboubakar, que poñía o partido xa costa arriba para os branquiazuis.


Na segunda metade, o FC Porto ampliou diferenzas cun terceiro gol no tramo inicial, nun encontro que a partir de aí entrou nun carrusel de cambios. Entón o Dépor manexouse mellor, aínda que a distancia era xa insalvable. O cuarto tanto portugués foi un accidente.


Primeira derrota estival do Dépor, que entraba nos plans de calquera equipo das dimensións do equipo coruñés.


Raúl Albentosa viuse obrigado a pedir o cambio á media hora de partido no Estadio do Dragão. O central deportivista foi diagnosticado polos Servizos Médicos do Club cun escordadura no seu nocello dereito.


Este xoves, o Dépor terá un novo amigable de pretemporada, para tentar desquitarse. Será en Oviedo, no Carlos Tartiere, ás 20:30 horas.

relacionada Bicho loitará por quedar no Dépor "ata que poida"
relacionada O Dépor mete unha marcha máis na pretemporada con amigables de máis nivel
relacionada Pepe Mel: "Preocúpame a fichaxe dun dianteiro"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE