Detido un mozo por unha agresión sexual en pleno centro de Lugo

Empuxou a unha moza de 20 anos ata un canellón e tratou de inmobilizala ata que o descubriron tres mulleres.


|

Agresion


Un mozo de 24 anos de idade e veciño de Lugo foi detido na madrugada do domingo por unha agresión sexual e un delito de lesións contra unha moza de 20 anos rexistrada en pleno centro da cidade lucense.


Foron axentes do grupo nocturno da unidade de Policía de Barrio da Policía Local os que procederon, sobre as cinco da madrugada do domingo, á detención do mozo, que responde ás iniciais E.M.L.


Segundo informa a Policía Local, os feitos ocorreron cando a vítima se atopaba na Praza Maior, fronte ao Círculo das Artes. Entón foi agarrada fortemente polos brazos polo agresor, quen a empuxou ata o canellón de acceso á Praciña do Colexio, onde tentou bicala na boca e intentou que deixara de opoñer resistencia.


A Policía Local explica no seu relato que "mesmo parece ser que chegou a darlle a volta e esmagala co seu corpo contra a parede, coma se quixese penetrala", ata que chegaron tres mulleres que lle chamaron a atención ao agora detido, co que soltou á muller e abandonou o lugar.


Unha vez coñecida a descrición física do agresor, os axentes realizaron unha batida pola zona e o mozo agresor foi localizado na porta dun local nocturno da rúa Casas Novoa, onde foi detido. O arrestado foi levado a dependencias policiais, onde se instrúen as dilixencias para o xulgado de garda.


Pola súa banda, a vítima foi trasladada polos axentes ao punto de Atención Continuada (PAC) de Fingoi para recibir atención médica.

relacionada Detido o presunto autor dunha agresión sexual a unha moza no Porriño

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE