Carlos Casares, a escusa perfecta para crear un premio de teatro infantil e xuvenil

|

Big Exposicin Carlos Casares e a fotografia en OurenseA Carlos Casares dedicóuselle  o Día das Letras deste ano.


A Deputación de Ourense estuda crear un premio de teatro infantil e xuvenil en galego que leve o nome do escritor Carlos Casares, ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas este ano.


Segundo sinalou o organismo provincial nun comunicado, a proposta vén da Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil (GÁLIX). O presidente da entidade e da Organización Española para a Literatura Infantil (Oepli), Xosé A. Perozo, reuniuse co Presidente provincial, Manuel Baltar.


No encontro estiveron, ademais, o ilustrador e vicepresidente de Gálix, Antonio Seijas, e os editores Mercedes Pacheco, de Auga Editoria, e David Cortizo, de Urco.


Baltar destacou a importancia de "seguir potenciando" a figura de Casares "por medio de diferentes formatos literarios e artísticos". Segundo apuntou a Deputación, con esta proposta búscase tamén "fomentar a produción de textos dramáticos en galego e propiciar a posta en escea".


O galardón, tal e como explicou a institución, tería un carácter anual e a súa convocatoria coincidiría coa data de nacemento de Casares, o 24 de agosto. A obra premiada sería representada en Nadal no Teatro Principal da cidade.

relacionada Xinzo de Limia, o "Macondo" de Casares, rende homenaxe ao seu veciño máis ilustre
relacionada Casares, contador de historias e incansable defensor da normalización do galego

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress