Feijóo aproveita os procesos internos do PSdeG e En Marea e presume de partido

|

PpdegjuntadirectivaO PPdeG celebrou a xunta directiva do partido. Foto: PPdeG


Núñez Feijóo cargou este sábado contra un PSOE que "segue sen saber quen é" e que, ao seu xuízo, "está a perder a súa historia" con Pedro Sánchez á fronte da secretaría xeral, e tamén contra as 'mareas', que, na súa opinión, "seguirán sendo unha incógnita" nos gobernos locais, pois "non hai proxectos" senón "inacción permanente".


Así arremeteu o líder dos populares galegos ao peche da xunta directiva do partido, na que defendeu que os galegos "non lle teñen nada que envexar" a outras comunidades nin a outros concellos de España, nos que hai "inestabilidade", "incerteza" e "rupturas".


"A oposición está exactamente igual que hai un ano", afirmou. Con respecto ao PSdeG, sinalou que "segue sen saber quen é nin onde está"; mentres que, ao seu modo de ver, as 'mareas' seguen "enfrascadas nas súas loitas internas"; e o BNG "está onde sempre estivo: tentando repartir carnés de bos e malos galegos".


O líder do PP, que nunca lembra a situación de Ourense, viu nas urbes "parálises" como resultado dos "multipartitos" das formacións "que perdían as eleccións" e aos cales "Galicia dixo 'non'".


PEDRO SÁNCHEZ, "NOVO LÍDER VELLO"


Feijóo atribuíu este "mérito" das administracións locais á "colaboración" do PSOE e do PSdeG e do seu "novo líder vello": Pedro Sánchez. Este dirixente, engadiu, ten a "obsesión" de construír o partido á súa "imaxe e semellanza", "perdendo a súa historia" e "perdendo o liderado da socialdemocracia en España".


Ademais, ve na formación unha "caricatura" e unha "muleta" de Podemos e das 'mareas', á vez que "reduce as siglas" do seu partido, porque "o PSOE xa non ten as catro siglas, ten dúas: Pedro Sánchez".


"Lamentablemente, o PSdeG vai ser e é o que queira Pedro Sánchez", concluíu, e está "a ver que van facer en outubro", en referencia a as eleccións primarias para determinar quen será o próximo secretario xeral dos socialistas galegos.


"A OPOSICIÓN ESTÁ PARADA"


"Mentres a oposición só mira para ela mesma" e "está parada", Galicia "segue movéndose", segundo defendeu Feijóo, quen declarou que o PP galego goberna con "a tranquilidade de ter os deberes feitos".


Así, confirmou que non haberá eleccións autonómicas hsata 2020, ao afirmar que cumprirá os seus compromisos "ata o final da lexislatura".

relacionada Leiceaga anuncia que se presentará ás primarias do PSdeG
relacionada O alcalde de Ourense revela que non pode seguir pagando os servizos sociais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress