Preséntase en Ourense un manual para recoñecer as nacións sen Estado

O 'Atlas das Naçoes sem Estado na Europa' ten vontade "político-reivindicativa" sobre o dereito á autodeterminación.


|

AtlasautodeterminacionPretende ser ferramenta "político-reivindicativa".


A galería Basquiart, en Ourense, acolle a presentación do 'Atlas das Naçoes sem Estado na Europa', editado por Através e que ten "dúas funcións fundamentais", a de servir como "manual", por unha banda, e de "ferramenta de debate político-reivindicativa", por outro.


Así o explicou en declaracións a Europa Press un dos seus autores, Abrahán Bande, que se encargou xunto a Fernando Corredoira da tradución desta obra que constitúe unha adaptación doutra realizada polo bretón Mikael Bodlore-Penlaez.


Con prólogo de Carlos Taibo, este atlas incorpora novidades en seis apartados, que son os referidos a Galicia, Euskadi, Cataluña, Crimea, Irlanda e Reino de España.


Bande destacou a calidade da edición de Através, tanto en intensidade de cor como nos gráficos que inclúe a obra, cuxa maqueta foi recollida do orixinal do autor.


O apoio desta editorial, segundo resaltou, foi "básico", despois de problemas co primeiro proxecto e un traballo de catro anos que agora se impulsou en apenas seis. "A xente de Através era a indicada polo sentido deste proxecto", valorou.


O 'Atlas das Naçoes sem Estado na Europa' publícase en galego internacional --reintegracionista-- e xa foi presentado estes días no 'Festigal', en Santiago.


Por unha banda, Abrahán Bande recoméndao para todos aqueles interesados na profundización de aspectos relativos ás nacións sen Estado e o coñecemento doutras "menos visibles", como aquelas que compoñen o arco alpino, segundo exemplifica.


Ademais, reivindica a súa utilidade como "instrumento", tal e como o defende o escritor e profesor de Ciencia Política Carlos Taibo no prólogo. Preséntase, así, como "instrumento de debate" nun contexto de "nacións negadas, ocultas", para que "collan visibilidade" e crear "conciencia".


"DEREITO Á AUTODETERMINACIÓN"


No actual escenario, Bande lembra o caso de Escocia, cun referendum xa feito e tras o cal, "independentemente do resultado, como mínimo Reino Unido tívoo en consideración".


"En Cataluña non pasa isto. Están a negar o dereito á autodeterminación. Esperemos que se chegue a un acordo", chamou a atención, antes de incidir en que o atlas das nacións sen Estado pretende servir tamén como "motor", unha "motivación extra para reivindicar este dereito que debería ser recoñecido".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE