A alcaldesa de Lugo reta á oposoción a presentar unha moción de censura

Toda a oposición, excepto Lugonovo, votou a súa reprobación no último pleno e a suma basta para nomear un novo alcalde.


|

LaramendezA suma da oposición dá para nomear un novo alcalde.

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, retou aos grupos da oposición que votaron a súa reprobación no último pleno (PP, BNG, Ciudadanos e ACE) a que presenten unha moción de censura contra o seu goberno.


"Reprobar nunha corporación municipal, cando hai a potestade de quitar a persoa que preside o goberno non ten moito sentido e a única reprobación que coñezo é a moción de censura. Teñen capacidade de facelo", declarou Méndez este venres, un día despois de ser reprobada pola Cámara municipal.


E é que a suma de PP (nove concelleiros), de BNG (dous), Ciudadanos (dous) e ACE (un), bastaría para botar do executivo aos socialistas, que gobernan en minoría con oito. Os tres concelleiros de Lugonovo abstivéronse na votación para a reprobación da alcaldesa.


"Aquí quen ten capacidade de quitar a unha persoa da Alcaldía é a propia corporación, e se o cren oportuno que o fagan", desafiou.


ARGUMENTOS DA OPOSICIÓN


Os grupos da oposición argumentaron a súa postura ante a "parálise municipal e a falta de participación". Fronte a isto, Méndez afirmou isto é "incerto" e, mesmo, asegurou que a "primeira forma de participación que se lles deu foi formar parte do goberno", en referencia a Lugonovo e BNG.


Lara Méndez recoñeceu que "algúns acordos plenarios están inconclusos", pero, con todo, defendeu que "dos 213 expedientes que se aprobaron 155 están concluídos, o que supón un 73 por cento dos acordos plenarios. "Eu creo que a ese respecto habería que medir as palabras e en que termos se di", matizou.


Finalmente asegurou que "o que vai seguir facendo este goberno é seguir gobernando". "Iso témolo claro, con todas as canles de participación. Se queren participar benvidos e, se non, este goberno vai asumir a súa responsabilidade, ou ben en colaboración ou en solitario, e vai seguir traballando polo ben da cidade", soltaba finalmente.

relacionada Lara Méndez quere ser candidata en 2019, pero descártase para cargos no PSOE
relacionada Feijóo propón a Lara Méndez "un acordo PP-PSOE" para defender o AVE a Lugo en Madrid

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE