Investigan por explotación de inmigrantes ao alcalde de Xunqueira de Ambía

|

XunqueiraambiaalcaldeJosé Luís Gavilanes, alcalde de Xunqueira de Ambía. Foto: Xunta


O alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes, do PP, xunto co seu fillo e a súa ex muller, foi citado a declarar en comisaría por un presunto delito de explotación de inmigrantes.


Tal e como recollen varios medios de comunicación, a policía trata de esclarecer se dous cidadáns senegaleses e un colombiano sen papeis traballaron para José Luis Gavilanes ou a súa familia unicamente a cambio dun piso e comida, sen soldo nin seguro.


O rexedor defende que axudou a estas tres persoas, pero que non lles deu traballo. A investigación, con todo, sospeita que os inmigrantes desempeñaron tarefas de limpeza para a súa empresa de autobuses e en vivendas dos seus familiares.


Os tres detidos están en liberdade mentres o xulgado de instrución segue coa causa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress