Os veciños de Oroso 'felicitarán' a De la Serna pola xestión da AP-9

O acceso de Sigüeiro á autoestrada "debería estar xa hai moito tempo", pero as obras paran e volven empezar.


|

Ap9orosoobrasAs obras están rematadas, pero a ligazón non se abre. Foto: Concello de Oroso


O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, advertiu de que a apertura do enlace sur da AP-9 "debería estar xa hai moito tempo" realizada, motivo polo que a localidade levará a cabo unha manifestación este venres.


Tras unha mobilización que o rexedor espera "moi numerosa", xa que "moita xente se apuntou", Mirás anunciou, en declaracións a Europa Press, que pedirá entrevistarse co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, coincidindo cunha visita deste a Santiago prevista para este luns.


Ese día tamén contan con convocar unha concentración na capital galega. "Ímolo ir felicitar pola excelente xestión", ironizou o alcalde.


Segundo explicou, nas obras de ampliación da AP-9, en concreto no punto de ligazón sur, "vese que fan cousas, pero logo párase e vólvese empezar", cando "debería estar xa hai moito tempo" aberto, ao seu xuízo.


A marcha de protesta para esixir a apertura do enlace sur da AP-9, en Sigüeiro, terá saída este venres desde a Praza Isaac Díaz Pardo.

relacionada A oposición pide un pleno extraordinario sobre o traspaso da AP-9
relacionada Rajoy anuncia obras millonarias en estradas mentres bloquea o traspaso da AP-9
relacionada Feijóo escuda en "problemas terriroriais" a negativa de Madrid ao traspaso da AP-9

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE