Ducias de feridos nun accidente de tren nunha estación de Barcelona

|

TrenbarcelonaO tren chocou contra o tope do final da liña.


Unhas 50 persoas resultaron feridas nun accidente de tren na estación barcelonesa de Francia que non deixou vítimas mortais.


Nun primeiro momento os servizos de emerxencias informaron de 48 feridos, pero rebaixaron a cifra a 40 e volvérona elevar a 54, que se entende como o balance definitivo de feridos. Só un dos pasaxeiros atendidos se atopa grave, pero non se teme pola súa vida.


Están a investigarse as causas do sinistro que se produciu ao chocar o ferrocarril contra o tope da liña, aínda que non foi a unha velocidade elevada.


Amplía esta información en Catalunyapress.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress