Juanfran queda: "Nunca tiven ningún motivo para saír"

|

JuanfrandeporJuanfran está onde quere estar. Foto: RC Deportivo


Juanfran fala claro sobre a súa continuidade no Dépor. "Non teño ningún motivo para saír nin o tiven", afirmou con rotundidade esta mañá en Abegondo.


O xogador recoñece que "é verdade que tiven catro opcións para saír e Richard estivo sempre ao tanto", pero explica que "para que chegue unha oferta ten que haber un acordo co xogador e o equipo que queira ficharte". E non foi o seu caso.


"Non tiven en ningún momento intención de saír do Deportivo, pelexei moito por estar aquí", insistiu o xogador, que reforzou o seu argumento cos seus lazos familiares, "unha filla nacida aquí hai sete meses, galega, socia do Dépor aos dez días de nacer". "Aquí estou que é onde quero".


Juanfran só sairía se llo pide o club. "Non vou ser un impedimento para nada", explicou, comparando a situación coa de "grandes profesionais e persoas que se botaron a un lado polo ben do club", en referencia a Laure e Bergantiños.


E se fala claro sobre a súa situación, tamén sobre o ruxerruxe da posible volta de Lucas Pérez. "Aquí está o seu sete e o seu C de capitán agardándoo, oxalá que o poidamos ter aquí, porque sabemos que é un salto enorme de calidade e o futbolista diferente que se cadra nos fai falta".


Aínda que sobre a capitanía, comentou que ten outro nome en mente, respectando sempre a Pedro Mosquera. "Teño un favorito que é Celso Borges polo que representa como futbolista, como persoa, creo que é un exemplo para todos. El sábeo porque llo dixen directamente", revelou.

relacionada Juanfran: "Se Emre fose vasco, xogaría de titular no Athletic"
relacionada Pepe Mel: "Preocúpame a fichaxe dun dianteiro"
relacionada Lucas Pérez ten todos os boletos para saír do Arsenal no verán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress