O Consello de Estado ve motivos para tombar a última manobra secesionista

|

ParlamentcatalunhaInterior do Parlamento de Cataluña.

O Consello de Estado considera que existen fundamentos xurídicos para interpoñer un recurso ante o Tribunal Constitucional pola reforma aprobada este mércores no Parlamento catalán para tramitar pola vía urxente as leis de desconexión, segundo informaron a Europa Press fontes do máximo órgano consultivo do Goberno.


A petición de Rajoy, o Consello de Estado pronunciouse en menos de 24 horas e emitiu un ditame por unanimidade no que conclúe que existen fundamentos para recorrer ao TC esa reforma exprés.


O Consello de Ministros analizará na súa reunión deste venres este ditame do órgano e podería aprobar mañá mesmo interpoñer ese recurso de inconstitucionalidade. Está previsto que o propio Mariano Rajoy compareza en rolda de prensa ante os medios de comunicación.


Podes coñecer máis detalles na información de Catalunyapress.

relacionada O Parlamento catalán manobra para tramitar de urxencia o referendo e a desconexión
relacionada O Goberno catalán si se someterá ao Supremo e ao TC ao verse sen axuda financeira do Estado
relacionada Puigdemont: "Se o TC me inhabilita, non aceptarei esa decisión"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress