Jorge Suárez declara no xulgado pola retirada de dedicacións exclusivas

|

JorgesuarezferrolmicJorge Suárez recrimina un "pacto da vergoña".

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, declarou na mañá deste xoves no Xulgado do Contencioso Administrativo pola demanda do goberno local contra a retirada de dedicacións exclusivas. Á súa saída da vista, o rexedor afirmou que "este xuízo non ten motivacións económicas, senón políticas" e reprochou o "pacto da vergoña" a socialistas e populares.


Así, Suárez asegurou que a pinza PSOE e PP para retirar a dedicación exclusiva á concelleira de Urbanismo, María Ferández Lemos, foi "un pacto da vergoña".


Un acordo co que o PSOE, afirmou Suárez, "quería unicamente castigar a dúas persoas" --as concelleiras non adscrtitas María Fernández Lemos e Rosa Méndez-- e "o PP ante a tesitura de ter dous salarios máis non ía dicir que non", sentenciou o rexedor.


O goberno local reivindica "poder desenvolver con normalidade" o seu "traballo diario", abundou o alcalde, que se ve seriamente afectado ao contar o equipo de goberno con tres dedicacións exclusivas, máis a do alcalde, e oito a oposición. É por iso que reclaman con esta demanda "unha repartición equilibrada das dedicacións", sinalou Suárez.


"INSÓLITO"


Considera o alcalde que a repartición actual é "máis que surrealista" e cualifícao de "insólito". Nesta práctica de proba tamén declararon como testemuñas a portavoz de Ciudadanos, Ana Rodríguez Masafret; o portavoz do BNG, Iván Rivas, e a concelleira non adscrita Rosa Méndez, edil de Patrimonio Histórico e Medio Rural. Ademais, todos os edís do goberno local asistiron á vista.


Agora ábrese un período de dez días para que os avogados poidan presentar as súas conclusións e a xuíza pode pedir máis probas sobre este asunto. PSOE e PP non compareceron na causa.

relacionada O goberno de Ferrol quere recuperar dúas dedicacións exclusivas retiradas
relacionada A deputada de En Marea Luca Chao pide a dedicación parcial para traballar nun 'foodtruck'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress