O xuíz do caso Alvia retoma as comparecencias

Volven ao xulgado este xoves o cargo de Adif investigado e dous peritos en relación coa análise de riscos.


|

Angrois 4Comparecen hoxe un dos investigados e dous peritos.


O ex director de seguridade na circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, investigado na causa que trata de dirimir as responsabilidades penais polo accidente do tren Alvia ocorrido hai catro anos en Angrois, volve estar citado nos xulgados composteláns este xoves.


Xusto antes del acoden a ratificar os seus informes sobre a análise de risco na liña Ourense-Santiago os peritos Juan Carlos Carballeira e César Mariñas --o xuíz considerou innecesaria a comparecencia do terceiro deles, José Manuel Lamela--.


A Audiencia Provincial da Coruña ratificou a situación de Cortabitarte --ao que o xuíz atribúe 80 supostos delito de homicidio e 144 de lesións por imprudencia profesional grave-- o pasado 28 de xuño, ao ver "indicios dunha actuación deficiente, por incompleta e parcial, na avaliación de riscos".


Previamente, quen agora ocupa o posto de subdirector de xestión loxística de aprovisionamento en Adif acolleuse ao seu dereito a non declarar, ao alegar que recorrera a imputación.


No recurso presentado polo seu avogado, Cortabitarte alegou que non é Adif quen autoriza a posta en servizo dunha liña, senón a Dirección Xeral de Ferrocarrís do Ministerio de Fomento. Tamén argumentou que non corresponde á Dirección de Seguridade na Circulación realizar unha avaliación integral dos riscos nin ostentar a responsabilidade global da xestión da seguridade.


Este 27 de xullo, tres días despois do aniversario, volve estar citado e algunhas fontes consultadas por Europa Press dan por feito que outra vez optará por non declarar ou que, se o fai, só responderá o seu avogado.


Outras fontes, con todo, teñen a impresión de que si intervirá, algo que cren que preocupa ao seu letrado, polo que poida dicir sobre as implicacións de outros dirixentes ou empresas públicas como Renfe.


AS PERITAXES


En canto ás peritaxes que terán que ser ratificadas este xoves --coa posibilidade dun careo--, o enxeñeiro de Camiños Juan Carlos Carballeira, designado xudicialmente e funcionario da Xunta, sostén no seu informe sobre o sinistro que a análise de risco na liña Ourense-Santiago "non era obrigatoria" en base á normativa europea, "dado que non existía un cambio significativo nas instalacións existentes".


O enxeñeiro de telecomunicacións César Mariñas, pola súa banda, concluíu que "se bota especialmente de menos" que esta avaliación se realizase sobre o sistema "completo" e advertiu de que "de realizarse unha análise integral da liña, o perigo concreto da curva de Angrois e o seu risco asociado resultaría máis que evidente".


Sobre este punto xa se pronunciou, de feito, a Axencia Ferroviaria Europea. Nunha comunicación coa plataforma de afectados, que xa consta no sumario, o xefe da unidade de seguridade deste organismo, Christopher Carr, subliñou que o risco na curva de Angrois "foi identificado" e o xestor da infraestrutura (Adif) tiña que xestionalo para reducilo, pero simplemente pasouno ao maquinista.

relacionada Catro anos despois, as vítimas do Alvia seguen pedindo "xustiza e verdade"
relacionada O PSOE pide a comisión do Alvia porque cambiaron as "circunstancias"
relacionada Feijóo comprométese a non esquivar a investigación de Angrois

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE