A xestora do PSdeG ponlle data ás primarias, o 8 de outubro

|

PrimariaspsoepapeletasurnasA renovación do PSdeG xa ten data.


A xornada de votación de primarias para elixir o novo secretario xeral do PSdeG celebrarase o próximo 8 de outubro e o congreso da formación terá lugar durante os días 27, 28 e 29 do mesmo mes.


Así o recolle, segundo informou o PSdeG, o calendario aprobado este mércores pola comisión xestora que preside Pilar Cancela para a elección do novo líder do partido e a convocatoria do Congreso Nacional.



O proceso arrincará nada máis iniciarse o mes de setembro, co prazo de presentación de precandidaturas os días 4 e 5.


Polo momento, Gonzalo Caballero avanzou a súa vontade de participar na carreira por liderar o PSdeG; mentres que o portavoz do partido na Cámara, Xoaquín Fernández Leiceaga, así como o deputado Juan Manuel Díaz Villoslada reflexionan "seriamente" dar o paso.

relacionada Os tres posibles aspirantes a liderar o PSdeG coinciden no acto de Rianxo
relacionada Ferraz devolve ao PSdeG as competencias para convocar primarias e congreso

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress