O Celta traslada a súa pretemporada dez días fóra de Galicia

|

CeltainglaterraOs xogadores, á chegada a Inglaterra. Foto: RC Celta.


A pretemporada do Celta trasládase desde este mércores a Inglaterra. Os celestes viaxaron á illa británica desde o Aeroporto de Vigo cara ao condado de Leicestershire, onde se concentrarán durante dez días no Hotel Champneys Health Spa, tal e como informa o club na súa web.


Ao equipo agárdalle unha programación intensa de adestramentos, con moitas dobres sesións, e varios partidos amigables: dous en Inglaterra, contra o Brentford e o Burnley, e un en Alemaña, ante o Bayer Leverkusen.


Á xira, Unzué leva a todo o persoal, incluído Álex López, co que non conta, e tres canteiráns. Á expedición uniranse tamén Marcelo Díaz e Tucu Hernández cando rematen as vacacións.

relacionada Jonny reincorpórase tras as vacacións e volven os rumores
relacionada Unzué: "Vexo unha actitude fantástica en todos os xogadores"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress