"Desaugues directos ao mar", sen depurar, na Illa de Ons

|

IllaonsIlla de Ons. Foto: Turismo.gal


A eurodeputada de AGEe Lídia Senra denunciou ante a Comisión Europea que a estación depuradora da Illa de Ons "funciona mal" e que "se seguen producindo desaugues directos ao mar" sen depurar.


Senra presentou esta semana un escrito dirixido á Comisión Europea dando conta desta situación, lembrando que a última mellora da instalación, en 2014, foi financiada nun 80% por fondos Feder.


No seu escrito, Senra explica que a Illa de Ons está situada na área protexida do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas e que está dentro da Rede Natura 2000. O problema coa depuración de augas, apunta a eurodeputada, arrástrase "desde hai máis dunha década", con "varias melloras que son insuficientes".


Ante este panorama, Lídia Senra pediulle á CE que se pronuncie sobre esta cuestión e que se interese ante as autoridades do Goberno central e da Xunta pola solución desta situación.

relacionada Lídia Senra denuncia no Parlamento europeo os "efectos nocivos" da "economía azul"
relacionada Lídia Senra defende en Europa a "visibilidade" das mulleres do rural

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress