A Fundación ONCE e as Universidades ofrecen 300 bolsas prácticas a estudantes

|

BecasonceA iniciativa cumpre a súa segunda edición.


Un total de 300 alumnos con discapacidade de 76 universidades e outros 6 centros adscritos de toda España poderán acceder a unha das bolsas de prácticas para estudantes universitarios con discapacidade, grazas a un acordo entre Fundación ONCE e Crue Universidades Españolas que conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social 2014-2020.


O programa, que cumpre a súa segunda edición, denominado 'Bolsas-Prácticas Fundación ONCE-Crue Universidades Españolas', promove a realización de prácticas académicas externas para alumnos con discapacidade, a quen se facilita o seu acceso a unha primeira experiencia laboral. Deste xeito, pretende mellorar as súas oportunidades laborais e a súa carreira profesional.


O período das prácticas será de tres meses, ampliable a seis a instancias da empresa, e poderán desenvolverse en grandes empresas, pemes, microempresas, entidades da Economía Social e do terceiro sector, así como noutras institucións e entidades públicas ou privadas.


O presidente de Crue Universidades Españolas, Segundo Píriz, e o vicepresidente executivo de Fundación ONCE, Alberto Durán, foron os encargados de asinar o acordo para o desenvolvemento deste Programa, cuxo obxectivo é complementar a formación universitaria dos estudantes, achegarlles ao ámbito profesional, facilitarlles unha primeira experiencia laboral e, ao mesmo tempo, reforzar o compromiso das empresas na contratación de persoas con discapacidade.

relacionada A Fundación ONCE de Atención a Persoas con Xordocegueira mostra os seus 10 anos en Galicia
relacionada 100 metros cadrados de accesibilidade total

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress