Os gandeiros galegos cobran 7 millóns menos ao mes que os europeos

|

Vacaslechelacteo



O Sindicato Labrego Galego denuncia que, en total, a industria láctea galega percibe "aproximadamente sete millóns de euros menos mensuais" con respecto ao resto de Europa. Ademais, reclama que o prezo medio baixou en maio ata os 29,90 céntimos en litro, mentres que a media europea se sitúa nos 32,36.


Tal e como comunica o SLG nunha nota de prensa, pídese ao Goberno galego a investigación do acordo entre industrias leiteiras por pagar o litro a 3 céntimos menos que no resto da Unión Europea.


A organización afirma que, no último mes, as industrias que renovaron contratos acordaron uns prezos para os próximos meses que, "curiosamente, despois de aplicar diferentes fórmulas", acabaron sendo "practicamente idénticos" e non reflicten as subidas que se produciron nos produtos lácteos industriais nos últimos meses.


O SLG informa que o "pretexto" desta situación adoita ser a diminución dos prezos industriais, pero, segundo os seus datos, a media europea subiu "un 25 por cento nun ano" e, en países como Alemaña ou Francia, os prezos elévanse ata os 33,83 e 32,43 céntimos por litro respectivamente.


"AUTÉNTICA EXTORSIÓN" DO SECTOR


Con todo, afirma que estes termos son "fixados unilateralmente" pola industria e que esta "auténtica extorsión" obrigou ao "continuo peche de granxas --1.100 en dous anos--" e a situación "ruinosa" dos gandeiros galegos.


Por todo isto, pídese á Consellería do Medio Rural e á Xunta "algo máis que palabras" para conseguir uns "prezos dignos" e acabar coa "discriminación" do sector lácteo de Galicia.

relacionada Etiquetas diferenciadas para recoñecer o leite procedente de granxas sustentables
relacionada O sector lácteo, o esquecido da reunión entre Feijóo e Competencia
relacionada O decreto de etiquetaxe da orixe láctea estará listo tras o verán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress