A Consellería deixa os nenos de Chantada sen pediatra no centro de saúde

|

PediatraOs nenos de Chantada deberán ir a Monforte.


A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (Agdsp) denunciou a supresión da praza de Pediatría no Centro de Saúde de Chantada.


Segundo manifestou nun comunicado, "esta decisión deixa sen atención pediátrica os nenos da localidade, que deberán acudir para ser atendidos ao Hospital de Monforte", que se atopa a uns 30 quilómetros.


A asociación rexeita esta decisión que, afirma, "forma parte dunha estratexia perfectamente deseñada desde a Consellería de Sanidade de suprimir prazas de Atención Primaria, afastando a poboación dos servizos sanitarios públicos".

relacionada Sanidade quere cambiar o modelo de pediatría e que deixe de ser un dos puntos débiles
relacionada Ao PP non lle basta a poboación de Ourense para restablecer a cirurxía pediátrica do CHUO
relacionada Reclaman que a Fiscalía "comprobe que hai un abandono" en Cirurxía Pediátrica do CHUO

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress