Darío Campos manterase "neutral" nas primarias do PSdeG

O presidente da Deputación de Lugo suxire que se poidan celebrar o 30 de setembro: "fálase desa data".


|

DariocamposdepulugoDarío Campos fala do 30 de setembro como posible data.


O presidente da Deputación de Lugo, o socialista Darío Campos, vaise manter "neutral" na elección do secretario xeral do PSdeG-PSOE, en consonancia co que fixo a nivel federal hai uns meses.


Así o asegurou este luns o presidente provincial en declaracións nos medios nas que avanzou que "escoitará" os candidatos ás primarias.


"O importante agora é que alguén dea o paso, que se pronuncie para ser secretario xeral. Escoitareinos como foi a nivel nacional", sentenciou, para logo engadir que o fará para valorar "mirar cal é o mellor proxecto para Galicia".


"Como un militante máis podo votar a un ou a outro, pero o importante agora mesmo é dar o paso e que haxa xente que teña interese en relanzar o partido. Despois, gañe quen gañe, todos a un tempo", sentenciou.


En canto ás primarias, Campos suxeriu que se poidan celebrar o 30 de setembro aínda que "non están convocadas, pero fálase desa data", concluía.


EQUIPARACIÓN SALARIAL DE BOMBEIROS


No que respecta a asuntos relacionados coa Deputación, Darío Campos pediu este luns á Xunta que deixe de "enredar" sobre a equiparación salarial aos 120 bombeiros dos seis parques comarcais da provincia e que se xestionan a través dun consorcio que levan a Xunta e a institución provincial.


O goberno provincial consignou 330.000 euros nos orzamentos para lograr ese equilibrio salarial, unha cantidade similar que se demanda da Xunta para que estes traballadores teñan unha remuneración igual que os Bombeiros de Ourense, que cobran ata 3.500 euros máis ao ano que os de Lugo.


Esta formulación trasladarase ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, aínda que non teñen "comunicación oficial" para manter o dito encontro que se podería producir o próximo 27 de xullo.


"A Xunta ten que deixar de enredar, e o PP tamén, porque é moi fácil. Hai dúas cousas, unha é a equiparación de soldos convocando un consorcio agora que preside a Xunta, e que a Xunta poña a súa parte e ao día seguinte poderíase aumentar o soldo aos bombeiros", resolve Campos.

relacionada Leiceaga non anunciará se se presenta ás primarias antes de que se convoquen
relacionada Manuel Martínez regresa ao grupo socialista e asume a vicepresidencia da Deputación
relacionada Darío Campos non está pola fusión de concellos de Terra de Lemos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE