O Dépor mete unha marcha máis na pretemporada con amigables de máis nivel

|

Andonemosquera

Tres amigables para afianzar o traballo de pretemporada.


O Deportivo aumenta aos poucos a esixencia da pretemporada. Así, na cuarta semana están previstos seis adestramentos en Abegondo e tres partidos amigables ante rivais de máis entidade: dous de Segunda B (Pontevedra o martes 25 en Pasarón e Racing de Ferrol o xoves 27 na Malata), e un equipo 'Champions', o Porto (o domingo no Dragão).


Mentres, os novos se van sumando ao ritmo dos seus compañeiros. Fabian Schär xa realizou este domingo o seu primeiro adestramento coa camiseta branquiazul, antes de unirse este luns ao resto do persoal en Abegondo.


Ademais, La Voz de Galicia conta un novo capítulo no culebrón de Lucas Pérez. Ao parecer, o dianteiro mostroulle ao mánager de operacións do Arsenal o seu descontento pola falta de oportunidades e os desplantes de Wenger.


Nas súas palabras, o xogador xustifica as súas ganas de saír do club inglés para ter minutos que lle dean posibilidades de entrar na selección de cara ao Mundial.

relacionada Pepe Mel: "Preocúpame a fichaxe dun dianteiro"
relacionada Dépor-Real Madrid e Celta-Real Sociedad na primeira xornada de Liga

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress