María del Mar Blanco insta a provocar a caída definitiva de ETA

A irmá de Miguel Ángel Blanco advirte que a banda terrorista "segue sendo un presente", ao recoller a Medalla do seu irmán.


|

MedallasgaliciafjA hemana de Miguel Ángel Branco recolleu a medalla na súa honra.


A deputada do PP e presidenta da Fundación de Vítimas do Terrorismo, María del Mar Blanco, proclamou este luns que "ETA segue sendo un presente" e apelou a "manter a unidade" para conseguir "a disolución incondicional" da banda terrorista.


A irmá de Miguel Ángel Blanco desprazouse á capital galega para recoller a Medalla de Ouro de Galicia concedida pola Xunta, a título póstumo, ao concelleiro de Ermua asasinado por ETA hai 20 anos. Aníbal Cavaco Silva, a empresaria Isabel Castelo, e o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría son os outros galardoados.


Na súa intervención durante o acto solemne de entrega da máxima condecoración que entrega o Goberno galego, a dirixente popular destacou que hoxe se pode dicir "alto e claro" que, grazas á "unidade do Estado fronte ao terror" conseguiuse "derrotar policialmente a ETA".


E demandou "un paso máis, a construción do relato onde a verdade, a memoria, a dignidade e a xustiza sexan unha realidade fronte ao esquecemento, a equidistancia e a ambigüidade que nos queren impoñer os que tanto dor nos causaron de maneira directa ás familias e indirectamente a todos os españois", agregou, a continuación.


"FOI ASASINADO PORQUE ERA LIBRE"


Se María del Mar Blanco reivindicou as súas orixes galegas e agradeceu esta distinción, Núñez Feijóo proclamou, no seu discurso posterior á entrega do galardón, que o concelleiro de Ermua foi asasinado "porque era libre".


"A súa divisa era a liberdade e por iso sería sinalado polos autores que pretenderon un xenocidio de demócratas. Con esa mesma liberdade que os asasinos non podían soportar, honramos neste día un ourensán vítima dun crime que dificilmente admite perdón, pero de imposible esquecemento", proclamou o mandatario galego.


"No seu nome, queremos resumir as biografías de todos os que caeron defendendo unha España, un País Vasco, unha Galicia libres", esgrimiu, antes de dar as grazas a quen permite, a través da súa memoria, "manter a dignidade da democracia e confiar no poder do Estado de Dereito".

relacionada Os premiados coas Medallas de Galicia reciben hoxe as súas distincións
relacionada Feijóo concédelle unha Medalla de Ouro de Galicia ao seu mentor político

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE