Feijóo reivindica os ventres de aluguer comparándoos co dereito ao aborto

|

FeijoobeberegaloFeijóo foi recentemente pai por primeira vez.

Núñez Feijóo criticou este luns a quen está a favor do aborto e que unha muller decida se segue adiante ou non cun embarazo, pero en cambio "non lle dan ese mesmo dereito" se decide ter un fillo mediante xestación subrogada.


"Sorpréndenme os partidos a favor do aborto libre que están a favor de que unha muller decida se segue ou non cunha xestación, que lle dan á muller todo o dereito para decidir non ter un fillo, pero non llo dan para decidir telo", sinalou Feijóo nunha entrevista en RNE, recollida por Europa Press.


O presidente galego recoñeceu non ter unha postura pechada no debate sobre os ventres de aluguer, pero cre que se trata dun debate que non se pode abordar nunha sesión parlamentaria de "20 minutos" nin facelo a nivel autonómico.


Segundo explicou, tivo oportunidade de falar cunha muller que tivera dous fillos a través deste procedemento en Ucraína e trasladoulle a súa "decepción" pola "banalización" que, ao seu xuízo, se fai en España do asunto. "Nesta cuestión, sen unha posición definida, non me atrevo a votar a favor de prohibir a xestación subrogada en todos os casos no meu país", recoñeceu Feijóo.


Segundo incidiu, trátase dun asunto que afecta a toda a Unión Europea. E puxo o exemplo de Portugal, onde si se permite este procedemento en determinados supostos. "Unha galega pode coller o seu coche e viaxar a Portugal, isto merece canto menos unha reflexión", emprazou.

relacionada Os políticos galegos, divididos no debate sobre os ventres de aluguer
relacionada En Marea sitúase en contra de legalizar os ventres de aluguer
relacionada Pedro Sánchez posiciónase en contra da "mal chamada maternidade subrogada"
relacionada O PP apraza posicionarse sobre a maternidade subrogada, que Feijóo pediu debater

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress