O ex alcalde de Palas recorrerá a súa condena por acoso laboral

|

FerandopensadoFernando Pensado, cando era alcalde. Foto: Xunta.gal


O ex alcalde de Palas de Rei e actual concelleiro do goberno municipal, Fernando Pensado, anunciou este luns que recorrerá a sentenza da Audiencia Provincial que o condena por prevaricación e por acoso laboral á secretaria municipal.


A Audiencia Provincial de Lugo condenou o ex rexedor a oito anos de inhabilitación por un delito de prevaricación e outros quince meses de prisión por un delito de acoso laboral á secretaria municipal, Celia González Vázquez.


En concreto, o ex alcalde avanzou que a súa "intención" é recorrer en casación ante o Tribunal Supremo, con independencia de que "as sentenzas hai que aceptalas". "Neste momento non me sinto, nin moito menos, satisfeito. Si que imos recorrer, eu ordeneille ao meu avogado que prepare o recurso e imos seguir para diante", recalcou.


Pensado puntualizou que non entra a "discutir" o que é o fallo da Audiencia de Lugo e asume que "hai que acatala". "A realidade é que eu percibo e o que me coñece percíbeo e a propia secretaria percibiu, neste xuízo, que non ía por ese camiño", resalta.

relacionada Condenado o alcalde de Palas por acoso laboral e prevaricación
relacionada A defensa do alcalde de Palas ve "motivos políticos" na denuncia por acoso laboral

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress