Prohibido pasar con mochilas e bolsos 'sospeitosos' ao Obradoiro

|

PolicianacionalarmaSantiago blíndase polas festas do Apóstolo.


O Corpo Nacional de Policía, coma noutros anos, desprega, con motivo dos eventos festivos do 25 de xullo, un "dispositivo extraordinario" de seguridade que, singularmente, terá "unha especial dimensión na cidade de Santiago de Compostela ao obxecto de poder garantir o normal desenvolvemento dos distintos actos".


"As cifras dos axentes que estes días estarán en Galicia non se poden concretar por motivos de seguridade, pero tal e como dicía serán axentes uniformados, e de paisano", segundo a Delegación do Goberno en Galicia.


RESTRICIÓNS


Segundo informou o Concello de Santiago, por motivos de seguridade restrinxirase o acceso con mochilas e bolsos de gran tamaño na Praza do Obradoiro na tarde-noite do 24 de xullo.


Na mañá do día 25 durante os actos da Ofrenda ao Apóstolo, a restrición afectará ao Obradoiro e á Catedral compostelá, segundo a información facilitada polo Concello de Santiago a Europa Press.


O 24 de xullo a restrición de acceso ao Obradoiro aplicarase a partir das 18,00 horas, momento no que quedará a praza pechada para facilitar o acceso do público ao espectáculo e o dispositivo de seguridade do mesmo.


A partir das 22,00 horas e ata o final dos lumes prohibirase o tránsito de peóns polas rúas Trindade e Raxoi por atoparse dentro do perímetro de seguridade.


Na mañá do 25 de xullo, concreta o Concello, o paso polo Obradoiro estará restrinxido entre as 9,00 e as 14,00 horas. Ademais, quedará prohibido o acceso con mochilas e bolsos de gran tamaño.


VIXILANCIA


Ademais, a Agrupación de Tráfico da Garda Civil "incrementa a presenza de axentes que velarán pola seguridade dos cidadáns que se despracen por estrada".


En concreto, indicou que se intensificará a vixilancia nas entradas e saídas da capital galega.

relacionada As celebracións do 25 de xullo, rodeadas dun "extraordinario" dispositivo de seguridade
relacionada Santiago, "no punto de mira do terrorismo" e sen policías suficientes
relacionada España descarta elevar a alerta antiterrorista ao nivel máximo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress