Cada ano 6.000 galegos chegan aos hospitais por un ictus

Federación Galega de Dano Cerebral defende a expansión do sistema de protección social aos pacientes no Día Mundial do Cerebro.


|

Ictusderramecerebralcerebro22 de xullo, Día Mundial do Cerebro.


A Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace) defende a expansión do sistema de protección social para o dano cerebral adquirido coincidindo coa celebración este sábado, 22 de xullo, do Día Mundial do Cerebro.


Segundo datos apuntados por Fegadace, en Galicia prodúcense máis de 6.000 altas hospitalarias anuais por causa de ictus. Engade que hai máis de 35.000 persoas con dano cerebral adquirido e case o 80 por cento dos casos está motivado por un ictus. Ademais, apunta que é a principal causa de mortalidade.


Fegadace destaca que os avances médicos e o desenvolvemento, nas últimas décadas, do sistema público de saúde, "melloraron a atención ao ictus, de maneira que se salva unha enorme cantidade de vidas que ata hai poucos ano non chegaban ao hospital".


Con todo, explica a federación que "moitas das persoas sobreviventes "quedan con secuelas máis ou menos permanentes, é dicir, con dano cerebral adquirido".


Ademais, indica que o proceso de envellecemento poboacional, sumado ao cambio nos hábitos de vida --sedentarismo, mala alimentación, tensión, contaminación e outros...-- "non fai máis que agudizar os factores de risco".


Segundo advirte Fegadace, unha de cada seis persoas vai ter un ictus, "o que se traduce nunha enorme necesidade de recursos de atención sanitaria e de protección social".


Con motivo do Día Mundial do Cerebro, que se conmemora este 22 de xullo, Fegadace incide en que unha de cada seis persoas no mundo ten un ictus unha vez na vida. Ademais, insiste na necesidade dunha mellora e expansión do sistema de protección social para o dano cerebral adquirido.

relacionada O 'Codigo Ictus' activouse nun total de 1.052 ocasións desde a súa creación o verán pasado

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE