Leiceaga pulsa o partido para decidir se se postula como líder

|

LeiceagaespaldasLeiceaga non consultou aínda con Pedro Sánchez.

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou este xoves que continúa nun "proceso de reflexión intensa" sobre a posibilidade de presentarse ás primarias para liderar o partido en Galicia, unha cuestión para a que considera un "aval importante" o feito de pertencer ao grupo parlamentario.


En resposta a preguntas dos medios sobre esta cuestión, Leiceaga asegurou que aínda non está no "momento procesual" para "tomar unha decisión", polo que segue con "un proceso de reflexión intensa" sobre esta posibilidade.


"Estiven chamando a algunhas persoas para pedirlles a súa opinión e completarei nos próximos días ou semanas esta reflexión", dixo o socialista, que recibiu "comprensión, ánimos e, ás veces, simplemente, recepción da chamada e punto". "Hai quen mesmo me felicita anticipadamente por dar o paso, e xa lle explico que non é ese o momento procesual actual, pero que, en todo caso, estou nese proceso de reflexión", apostilou.


Para Leiceaga, a regulación das primarias que aprobou o congreso de Madrid "facilita que haxa máis candidatos", polo que "o normal é que as persoas que se sentan con forza, dean o paso". "Véxoo con total normalidade", ratificou, incidindo en que a competencia "razoable e sa" non é "un problema".


O previsible, augurou, é que o proceso "se vaia ao outono", polo que "aínda hai tempo". "Non hai que precipitar nada", considerou.


CANDIDATOS DENTRO DO GRUPO


Nesta liña, e despois de que o deputado Juan Díaz Villoslada admitise tamén que está nun proceso de "reflexión" sobre a súa candidatura, Leiceaga viu na pertenza ao grupo paralemtnario un "aval importante". "O liderado orgánico é importante, pero isto ten que estar ao servizo dun proxecto para a sociedade, e ese proxecto para a sociedade de Galicia exprésase, non unicamente, pero si de forma importante, a través do grupo parlamentario".


A maiores, na súa opinión, sería necesario que o candidato ou candidatos tivesen "algunhas calidades máis", como "experiencia en xestión política e de grupos", xa que o futuro secretario xeral "ten que dirixir equipos e ser capaz de crear unha interlocución, primeiro cos distintos sectores do partido" e despois con "outros axentes sociais e políticos que hai en Galicia".


"A clave, o horizonte noso, ten que ser construír unha alternativa viable, a partir dos valores de esquerda, ao PP e para iso é necesario un partido socialista forte e unido, integrado, que funcione nunha dirección", destacou.


Sobre se comentou xa ha Pedro Sánchez a posibilidade de presentarse para liderar o PSdeG, confirmou que esa conversación aínda non se produciu, aínda que a "haberá".


Aínda que lembrou que "estes son procesos decididos polos militantes", Leiceaga lembrou que, "por razóns de cortesía", no momento no que a decisión "vaia ser efectiva, haberá unha comunicación con Ferraz".

relacionada Leiceaga non anunciará se se presenta ás primarias antes de que se convoquen
relacionada Leiceaga recoñece que "hai miradas postas" nel para liderar o PSdeG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress