Os 1.800 traballadores temporais de Igualdade e Benestar, apartados

Os Orzamentos estatais "impiden" a prometida integración dos empregados do Consorcio no persoal de Política Social.


|

ConsorcioigualdadebebestarsindicatosOs traballadores do Consorcio conseguiron en 2016 o compromiso da Xunta.


O sindicato CSIF Galicia denunciou que os novos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) "impiden" o proceso de integración dos 1.800 traballadores laborais temporais do Consorcio de Igualdade e Benestar no persoal da Consellería de Política Social da Xunta.


Así, sinala que a disposición adicional vixésimo sexta establece que as Administracións públicas "non poderán considerar" como empregados públicos nin "poderán incorporar na dita condición" o persoal laboral de distintos organismos, entre eles consorcios, que teñan previsto integrarse nas mesmas.


Así mesmo, segundo informa nun comunicado CSIF, esta disposición permite "como excepción" a integración do persoal laboral fixo, pero non así do temporal.


O sindicato afeou o "secretismo e falta de información" ao persoal do Consorcio de Igualdade e Benestar, á vez que carga contra a Xunta, quen "sacou peito" dun acordo de integración do persoal ao que, como lembran, se opuxo o CSIF.

relacionada Os traballadores do Consorcio de Benestar intégranse no convenio colectivo de persoal laboral autonómico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE