Vigo cede e deixará que os cans poidan ir polo menos a unha praia

O cambio na ordenanza municipal entrará en vigor no mes de agosto. O Goberno decidirá que areal autoriza.


|

PlayaperroO cambio na ordenanza entrará en vigor en agosto.

A xunta de goberno local de Vigo aprobou a modificación da Ordenanza Municipal para a Protección e Tenza de Animais para permitir habilitar na cidade olívica praias para cans, aínda que o alcalde, Abel Caballero, criticou que a tramitación se vai atrasar por "bloqueo" do PP.


En declaracións aos medios este xoves, o rexedor explicou que se acordou engadir á ordenanza un apartado "que di que na cidade poderá haber praias para cans", as cales serán designadas como tales polo Goberno local.


Segundo manifestou, neste momento podería haber praias para cans en Vigo, aínda que a norma "non pode entrar en vigor de forma inmediata porque o PP fixo alegacións". Sobre elas, reprobou que a "obxección non é para mellorar as praias de cans", senón que "vai doutra cousa".


En todo caso, explicou que esta modificación será debatida no pleno municipal e, unha vez aprobada, entrará en vigor 15 días despois da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Con iso, asegurou que en agosto haberá polo menos unha praia para cans en Vigo.

relacionada Un plan "único e integral" para acabar co caos do socorrismo nas praias
relacionada Preto de 50 praias forman parte da rede galega de areais sen fume

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE