O alcalde de Ourense revela que non pode seguir pagando os servizos sociais

|

OurensejesusvazquezJesús Vázquez fala de "situación límite".

Os servizos sociais do concello de Ourense están en "situación límite". O alcalde, Jesús Vázquez, que goberna cos orzamentos prorrogados desde que chegou ao cargo (son os de 2014), compareceu esta mañá rodeado polos seus concelleiros para informar da situación.


Jesús Vázquez contou que o consistorio "ten en caixa 53,6 millóns de remanente de tesourería", pero consumiu a día de hoxe todos os fondos destinados para servizos sociais.


Segundo o alcalde, débese a que en 2017 houbo que pagar facturas pendentes do ano pasado debido a "trámites administrativos e a baixas médicas". Son en total eses 1.610.000 euros que solicita nunha modificación de crédito, para o que necesita o apoio do PSOE.


Jesús Vázquez advirte de que ese trámite é imprescindible para poder sufragar a asistencia a domicilio, comedor sobre rodas, bolsas para libros, albergue de transeuntes, centros cívicos, a canceira e outras prestacións sociais.


Insiste en que "hai fondos para iso" e que esa modificación é "necesaria, urxente e inaprazable".


Por iso, ao gobernar en minoría e sen orzamentos aprobados, fai un chamamento á "responsabilidade" do Partido Socialista. O PSOE pon, con todo, unha condición, que a concelleira de Servizos Sociais dimita, como responsable política da área.


O Executivo, con todo, defende que non se trata dunha situación provocada por mala xestión.

relacionada O alcalde de Ourense non descarta someterse a unha cuestión de confianza
relacionada O PSOE de Ourense alerta de actuacións clientelares no Concello
relacionada Jesús Vázquez augura dous anos máis de ruxerruxes sobre unha moción de censura

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress