Condenado o alcalde de Palas por acoso laboral e prevaricación

Impóñenlle unha pena de 9 anos de inhabilitación e 15 meses de cárcere. Hai outros funcionarios e edís do PP condenados.


|

PablotaboadapalasdereiPablo Taboada considera a condena "desproporcionada".


A Audiencia Provincial de Lugo condenou ao alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, a nove anos de inhabilitación por un delito de prevaricación e outros quince meses de prisión por un delito de acoso laboral á secretaria municipal, Celia González Vázquez.


Ademais, tamén foron condenados outros funcionarios e edís do PP, entre eles o ex alcalde Fernando Pensado, ao que o xulgado impuxo unha pena de oito anos de inhabilitación e quince meses de prisión por acoso.


Así, o TSXG considera probado que Celia González Vázquez sufriu acoso laboral desde a súa designación como secretaria municipal en 2007 por parte dun grupo de edís do PP durante o mandato de Fernando Pensado, un comportamento que se mantivo cando Pablo Taboada accedeu ao cargo de rexedor en 2011.


Así mesmo, falla que Taboada, sendo xa alcalde de Pas, convocou un pleno extraordinario o día 30 de abril de 2014 "cuxa única finalidade era acordar a sanción de destitución da secretaria", "a propósito" de que o órgano da corporación local "non era en ningún caso competente para impoñer" a dita sanción a González Vázquez.


Ademais das penas de inhabilitación e cárcere para Pensado e Taboada --que se apartou "temporalmente" do PP ata coñecerse a resolución xudicial--, o xulgado tamén impón aos condenados o pago "de maneira conxunta e solidaria" dunha indemnización de 12.000 euros á secretaria.


OUTROS CONDENADOS


A Audiencia de Lugo tamén condena a José Ramón García Vázquez, María Cristina Lodeiro Castiñeira, Amando Sande Sagra e María Aurora Vila Agra a sete anos de inhabilitación por prevaricación.


Por outra banda, impón penas de doce meses de prisión a Carlos Ouro, nove para Juan Manuel Varela e seis meses para María Luisa Novo por delitos de acoso laboral. Así mesmo, absolve a outras dúas persoas acusadas dos mesmos delitos.


FEITOS


A secretaria do municipio lugués accedeu ao cargo en decembro de 2007 tras a defunción do anterior titular. Pouco tempo despois da súa incorporación, "empezaron a producirse unha serie de situacións de fricción" entre González Vázquez e "un grupo determinado de funcionarios" encabezado polo edil do PP Carlos Ouro que realizan actuacións "tendentes a cuestionar a actuación da secretaria".


Toda esta situación derivou nun episodio de depresión polo que a vítima estivo de baixa laboral desde febreiro do 2010 ata maio de 2011. Tras a súa reincoporación, os funcionarios, considerados polo alcalde como "a columna vertebral do Concello", chegaron mesmo a manifestar á secretaria que non cumprirían as súas ordes.


Segundo a sentenza do TXSG, a actitude dos edís do PP, que proferían insultos como "mona", "burra" ou "idiota" cara á vítima, mantívose cando Pablo Taboada se converteu en alcalde de Pas de Reis tras as eleccións municipais de 2011.


Así, tras os intentos do alcalde de apartar do cargo a secretaria a través de decretos que "foron deixados sen efecto por resolucións xudiciais", convocouse un pleno extraordinario co obxectivo de "votar a favor do acordo de destitución" de Celia González "sabendo da ilegalidade de tal acordo".


O xulgado considera que tanto Taboada como o seu predecesor Fernando Pensado tomaron "a iniciativa de acosar e hostigar" a secretaria, non realizaron "actividade algunha" para "evitar a situación" a pesar de estar "na súa man".


"DESPROPORCIONADA"


Pablo Taboada, elixido polo PP cualificou de "desproporcionada" a súa condena por prevaricación e acoso laboral á secretaria municipal.


O rexedor confesou que aínda non "leu" a sentenza, aínda que si que lla comunicou "o asesor xurídico". "Lereina, farei unha valoración e en principio acatala e aceptala, aínda que non a compartimos", afirmou. Con todo anticipou que vai estudar "todas as posibilidades" das que dispoñen para recorrela.


"Cando menos algo desproporcionada si que nos parece, pero aceptamos a decisión e a partir de aí imos tentar buscar o recurso e tentar buscar a xustiza que parece que resulta esquiva", afirmou.


relacionada A defensa do alcalde de Palas ve "motivos políticos" na denuncia por acoso laboral

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE