O condutor kamikaze cazado en Caldas estará 20 meses sen poder conducir

|

Juzgadocaldas

Edificio do xulgado de Caldas.


O Xulgado de Instrución Número 1 de Caldas de Reis condenou a catro meses de prisión e 20 meses sen carné o condutor kamikaze detido o pasado venres tras conducir varios quilómetros en sentido contrario pola autoestrada AP-9 e dar positivo no control de alcoholemia.


Segundo informaron fontes xudiciais, tras o xuízo rápido celebrado o martes en Caldas, J.L.F.T., de 58 anos e veciño de Outes, foi condenado a catro meses de prisión e 12 sen carné por un delito de condución temeraria. Con todo, a pena de cárcere quedou suspendida ao non ter antecedentes.


Ademais, foi condenado a oito meses máis sen carné e 32 días de traballos a favor da comunidade por condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas, segundo engadiron as mesmas fontes xudiciais.

relacionada Un condutor kamikaze provoca terror de madrugada na AP-9

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress