Andone non contempla saír e Fayçal ten pé e medio fóra

Ao dianteiro só unha "oferta irrexeitable" para o Dépor e para el lle faría deixar A Coruña, onde se sente "coma na casa".


|

AndonedeporAndone apunta a "mellorar a cifra de goles" do curso pasado. Foto: RC Deportivo.


O Dépor empezou a pretemporada cun único dianteiro no equipo e, por sorte, non entra nos plans nin do xogador nin do club a súa posible saída. Florin Andone declarou esta mañá en Abegondo sentirse "moi comprometido co equipo e co proxecto desta tempada. Non contemplo a opción de saír. Síntome coma na miña casa".


O romanés recoñece que tivo ofertas de equipos importantes coma o Sporting de Portugal, "algo que sempre é de agradecer", aínda que manifestou que "o que me ofrece o Deportivo e o que eu sentín aquí non creo que mo poida ofrecer ninguén agora. Tería que chegar unha oferta irrexeitable para o club e tamén para min".


Por tanto, prepárase para "mellorar a cifra de goles" do ano pasado e contribuír con asistencias aos resultados do Dépor.


Sobre unha hipotética chegada de Lucas Pérez, asegurou que "se xogas á beira de xogadores bos ti melloras tamén e seguro que el tamén melloraría comigo". Con todo, aínda que o coruñés non regrese, cre que "seguro que vai vir outro dianteiro, ou dous máis".


FAYÇAL, CON PÉ E MEDIO FÓRA


O que está menos contento na Coruña é o franco-marroquí Fayçal Fajr, que non conta nos plans de Pepe Mel e que varios medios sitúan xa lonxe do Dépor.


Así, chegan a afirmar que "non dubidou en despedirse xa dalgúns compañeiros en Abegondo" e que xogará "seguro" en España a tempada que vén. La Voz de Galicia dá por feito o acordo co Getafe.

relacionada O Dépor reforza a banda esquerda con Bakkali, cedido polo Valencia
relacionada Florin Andone: "Só daría por bo un empate se o Sporting non gaña"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE