Caxade arrinca en Bueu a tempada da Rede Galega de Música ao Vivo

Durará ata finais de decembro e conta cunha programación de 111 concertos repartidos por 31 salas de 20 localidades galegas.


|

CaxadePortada de 'E isto é o amor', de Caxade.

A tempada da Rede Galega de Música ao Vivo, un dos circuítos de exhibición de espectáculos que xestiona a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Educación, arrinca cun directo do grupo Caxade, este martes ás 22,00 horas na Sala Aturuxo de Bueu (Pontevedra).


O ciclo musical, que durará ata finais de decembro, conta cunha programación de 111 concertos repartidos por 31 salas de 20 localidades da xeografía galega. A iniciativa pretende "contribuír á estabilidade na programación das salas galegas de música  en directo", segundo apuntou a Xunta nun comunicado.


Esta semana comeza con catro citas musicais. Así, tamén Eladio y los Seres Queridos actuará o xoves 20 na Vantaxe de Laxe (A Coruña); farao tamén ese mesmo día Alfredo García Quintet a ritmo de jazz, no Garufa Club da Coruña. Mentres, o venres 21 será a quenda de Los Mecánicos, cun recital titulado 'Grandes éxitos de los 60', no Pub Gatos de Melide (A Coruña).


Ademais, a Xunta ten en marcha outros circuítos de espectáculo como 'Cultura no Camiño', que se desenvolve ata o 30 de setembro nas localidades das rutas xacobeas, e 'Danza 3', que achega o baile e a música tradicional galega a 12 concellos.

relacionada O IVE dos espectáculos en directo baixa do 21 ao 10%

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE