A Xunta non aclara cantos profesores leva por diante o peche de centros

Os sindicatos calculan que son polo menos 31 postos de traballo. Educación defende que "ningún docente terá que cambiar de localidade".


|

AulaclasecolegioOs sindicatos, preocupados ante a falta de datos.


Os sindicatos que participaron este martes na Mesa Sectorial de Educación afearon á Xunta o seu "autoritarismo" e falta de "diálogo" en relación ao peche de centros educativos e cifraron en polo menos 31 os postos de traballo que se "eliminarán" por esta causa.


Así o puntualizaron os representantes da CIG-Ensino, que criticaron a "falta absoluta de información" por parte da Consellería de Educación, que "non proporcionou ningún dato sobre a cifra total do profesorado que perde o seu posto" nin "das futuras supresións".


A pesar desta "falta absoluta de información", a CIG puxo encima da mesa que "serán, como mínimo, 31 postos de traballo os que se perdan por estes recortes". "A cifra podería chegar a 35 se a Xunta desatende as necesidades de especialistas en Pedagoxía Terapéutica que existen a día de hoxe, por encima dos postos de traballo", recolle o sindicato.


Segundo as cifras da CIG, os profesores máis afectados serían os do centro Tomás de Lemos de Ribadavia, cuxo peche supoñerá, apunta o sindicato, a eliminación de "16 postos de traballo".


FALTA DE NEGOCIACIÓN


Pola súa banda, CC.OO. trasladou á Xunta durante a reunión o rexeitamento do sindicato polos "modos e formas usados" para facer modificacións á rede de centros.


A maiores, CC.OO. cre que "o conselleiro falta á verdade cando afirma que con estes cambios non hai redución da oferta educativa", xa que "a oferta si se reduce e en moitos casos as aulas masifícanse e existe unha redución de profesorado en todos os centros".


Finalmente, CC.OO. mostrou a súa "preocupación" pola "colocación de todo o profesorado", especialmente o colectivo do corpo de mestres que imparte no primeiro ciclo de ESO, dado que "non poden exercer o dereito para manterse na localidade sen horas".


PENDENTE A REPARTICIÓN DE PROFESORES


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comunicou hoxe na mesa sectorial do ensino que os centros que acollen alumnado froito da reorganización acometida recibirán profesores para dar resposta ás necesidades derivadas desta nova situación polo que, se así o desexan, ningún docente terá que cambiar de localidade. En calquera caso, aínda está por fixar a cota de profesores de cada centro.


Os docentes que tivesen destino definitivo para o próximo curso 2017/18 algún dos centros, adscribiranse con carácter definitivo aos novos centros ou pasarán á situación de docentes suprimidos ou desprazados por falta de horario, podendo en todo caso permanecer nun centro educativo da mesma localidade.

relacionada Os profesores afectados polo peche de centros, pendentes do seu futuro
relacionada A Xunta consuma o peche anunciado dos colexios de Outes e As Pontes
relacionada Pais e alumnos protestan en Santiago contra o peche de centros educativos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE