O Celta nega débedas coa Axencia Tributaria de Galicia

|

Carlosmourinhocelta 1O presidente do Celta, Carlos Mouriño. Foto: RC Celta


O Celta sae ao paso das informacións que apuntan a un atraso nos pagos de impostos e de débeda como causa para que o club vigués perdese unha subveción autonómica.


Segundo recollen varios medios de comunicación, é a xustificación que recolle o DOG para negar a axuda ao Celta: por "non está ao corrente de pago de débedas tributarias en período executivo" e por ter "débedas coa Axencia Tributaria de Galicia".


Entre os clubs de elite que foron beneficiados desta subvención están, entre outros, o Deportivo (6.010,75 euros), o Obradoiro (2.166,67) de baloncesto, o BM Cangas (5.940,86) e a SD Teucro de balonmán (5.521,51) e o Santiago Futsal (5.102,15).


O club celeste emitiu un comunicado para "aclarar que está absolutamente ao corrente nos pagos e non existe tal débeda nin coa Axencia Tributaria de Galicia nin coa de España e, de feito, o RC Celta é na actualidade uno dos equipos máis saneados de fútbol español".


Achegan, así mesmo, un certificado con data do 1 de xuño para xustificar a súa versión.

relacionada O Celta presenta a Lobotka e busca equipo para Marcelo Díaz
relacionada Unzué: "Vexo unha actitude fantástica en todos os xogadores"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress